From 1 - 10 / 134
  • Categories  

    Toponimia de costa cun detalle de escala 1/25.000, Nomes de serras e picos cun detalle de escala 1/200.000

  • Categories  

    Esta capa recolle e caracteriza os hábitats asociados ás dinámicas intermareais: chairas e marismas. A seguir, todo o universo de xeoformas recoñecidas, cantís, areais, dunas, lagoas e zonas húmidas costeiras. E, por suposto, acometeuse o estudo da distribución espacial da biocenose presente no ámbito de estudo.Tamén recolle todos aqueles usos nos que as súas dinámicas teñen unha evidente xénese antrópica. Neste capítulo, xogan un papel destacado o sistema agroforestal e os asentamentos, que tamén foron caracterizados.

  • Categories  

    Hidrografía de Galicia a escala 1:25.000, realizada a partir da Base Hidrográfica do IGN, con posterior modificación e acutalización polo IET, con asignación de código de Strahler.

  • Categories    

    Os espazos de interese xeomorfolóxico constitúen a base da conservación da xeomorfodiversidade na costa. Neles se recollen os diferentes tipos de ambientes morfolóxicos existentes no litoral e que funcionan como soporte físico das distintas comunidades de seres vivos. É dicir, que para a correcta conservación da biodiversidade e os ecosistemas é necesario preservar os espacios xeomorfolóxicos sustentadores das distintas comunidades vivas, obxectivo principal desta rede de espazos.

  • Categories  

    Tipifícanse as distintas construcións en función da súa orixe,estrutura e calidade urbana ou cohesión social. A estes efectos distínguense: - Asentamentos de carácter fundacional: recolle aqueles núcleos que, de carácter urbano ou rural, teñen unha orixe ou fundación antiga, ou aqueles cuxa trama responde a esa formación e evolución progresiva no tempo e o espazo. Dentro deste grupo, identifícanse os Núcleos de identidade do litoral como aqueles asentamentos tradicionais cuxa localización estratéxica na faixa costeira e a súa vinculación co mar lles confire unha singularidade que os fai merecedores dun tratamento específico. - Desenvolvemento periférico: recolle os crecementos contiguos aos núcleos anteriores froito da súa evolución. - Asentamento funcional: recolle núcleos que responden a implantacións no territorio máis recentes que as de carácter tradicional e que, porén, pola súa natureza (áreas produtivas, empresariais, educativas e de servizos) ou polos lazos de relación entre as edificacións, a súa morfotipoloxía, así como as dotacións e servizos cos que contan se configuraron como asentamentos integrantes do modelo de organización de territorio. - Agregado urbano: recolle os continuos urbanos difusos que se desenvolven ao longo da costa case sen interrupción. Son áreas carentes de estruturas definidas, na que os núcleos fundacionais e as áreas vacantes aparecen como os principais elementos de identidade e oportunidade. Diferéncianse os seguintes tramos: Vilagarcía–Cambados no Salnés, Portonovo-Pontevedra e Pontevedra- Bueu na ría de Pontevedra, Cangas-Moaña e Baiona-Vigo-Redondela na ría de Vigo, Ferrol-Pontedeume e A Coruña-Miño no Golfo Ártabro. - Nova agrupación: recolle conxuntos de edificacións que responden a modernas implantacións no territorio diferentes das de carácter tradicional e que, porén, pola súa morfotipoloxía, os servizos e equipamentos dos que contan, a súa intensidade e relación entre as edificacións non constitúen un núcleo de poboación atendendo aos criterios de sostibilidade. Asemade recóllense na cartografía: - Outras edificacións: non constitúen asentamentos diferenciados.

  • Categories  

    Nomenclátor de Galicia actualizado no ano 2014, nomes oficiais das entidades de poboación e microtoponimia recollida no Proxecto de Toponimia de Galicia. Os datos do PTG so se ofrecen dos concellos nos que se recolleron topónimos neste proxecto. Pódese consultar o estado do proxecto por concellos en http://toponimia.xunta.es/gl/ProxectoToponimiaGalicia/estadoporconcellos

  • Categories  

    É o ámbito de estudo fundamentado na análise das concas vertentes que se axustou posteriormente para definir o ámbito de xestión circunscrito aos 82 municipios recollidos no acordo de Consello da Xunta de 24 de maio de 2007. Unha superficie de 215.359 ha distribuídas en 428 unidades litorais e 13 prelitorais, correspondentes a 34 sectores costeiros que reflicte a diversidade de 7 Zonas costeiras (A Mariña lucense, as Rías Altas, o Golfo Ártabro, o Arco Bergantiñán, a Costa da Morte, as Rías Baixas e a Costa Sur).

  • Categories  

    Esta capa ten como primitiva a capa de estradas do SITGA, as cales se actualizaron para o ámbito de estudio do POL según a ortofoto PNOA dos anos 2007 e 2008. Tamén se empregou o Plan Director de Estradas 2008-2020 da Xunta de Galcia para a súa actualización así como diversos proxectos que nos facilitou a Dirección Xeral de Infraestructuras. A precisión final desta capa no ámbito do POL para as categorías superiores a "outras estradas" é maior a acadada pola escala 1:25000.

  • Categories  

    Parcelario de explotacións vitícolas de Galicia

  • Categories  

    Límite en formato shp da Rede Galega de Espazos Protexidos (Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza). Contén as figuras de protección: Parque Nacional, Parque Natural, Humidal, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, Monumento Natural, Paisaxe Protexida.