From 1 - 10 / 23
  • Categories  

  • Categories  

    Tipifícanse as distintas construcións en función da súa orixe,estrutura e calidade urbana ou cohesión social. A estes efectos distínguense: - Asentamentos de carácter fundacional: recolle aqueles núcleos que, de carácter urbano ou rural, teñen unha orixe ou fundación antiga, ou aqueles cuxa trama responde a esa formación e evolución progresiva no tempo e o espazo. Dentro deste grupo, identifícanse os Núcleos de identidade do litoral como aqueles asentamentos tradicionais cuxa localización estratéxica na faixa costeira e a súa vinculación co mar lles confire unha singularidade que os fai merecedores dun tratamento específico. - Desenvolvemento periférico: recolle os crecementos contiguos aos núcleos anteriores froito da súa evolución. - Asentamento funcional: recolle núcleos que responden a implantacións no territorio máis recentes que as de carácter tradicional e que, porén, pola súa natureza (áreas produtivas, empresariais, educativas e de servizos) ou polos lazos de relación entre as edificacións, a súa morfotipoloxía, así como as dotacións e servizos cos que contan se configuraron como asentamentos integrantes do modelo de organización de territorio. - Agregado urbano: recolle os continuos urbanos difusos que se desenvolven ao longo da costa case sen interrupción. Son áreas carentes de estruturas definidas, na que os núcleos fundacionais e as áreas vacantes aparecen como os principais elementos de identidade e oportunidade. Diferéncianse os seguintes tramos: Vilagarcía–Cambados no Salnés, Portonovo-Pontevedra e Pontevedra- Bueu na ría de Pontevedra, Cangas-Moaña e Baiona-Vigo-Redondela na ría de Vigo, Ferrol-Pontedeume e A Coruña-Miño no Golfo Ártabro. - Nova agrupación: recolle conxuntos de edificacións que responden a modernas implantacións no territorio diferentes das de carácter tradicional e que, porén, pola súa morfotipoloxía, os servizos e equipamentos dos que contan, a súa intensidade e relación entre as edificacións non constitúen un núcleo de poboación atendendo aos criterios de sostibilidade. Asemade recóllense na cartografía: - Outras edificacións: non constitúen asentamentos diferenciados.

  • Categories  

    Esta capa ten como primitiva a capa de estradas do SITGA, as cales se actualizaron para o ámbito de estudio do POL según a ortofoto PNOA dos anos 2007 e 2008. Tamén se empregou o Plan Director de Estradas 2008-2020 da Xunta de Galcia para a súa actualización así como diversos proxectos que nos facilitou a Dirección Xeral de Infraestructuras. A precisión final desta capa no ámbito do POL para as categorías superiores a "outras estradas" é maior a acadada pola escala 1:25000.

  • Ámbito dos proxectos sectoriais de parques empresariais aprobados na C.A. de Galicia ao abeiro da lexislación en materia de ordenación do territorio.

  • Estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) no ámbito da C.A. de Galicia.

  • Ámbito das actuacións do Plan sectorial de áreas empresariais de Galicia (DOG núm.101, 18.05.2014).

  • Categories  

    Esta capa recolle e agrupa os elementos pertencentes ó patrimonio cultural galego dentro do ámbito litoral. Agrupáronse en catro categorías diferentes en función da súa categoría dentro do patrimonio cultural: patrimonio etnográfico, patrimonio arqueolóxico, tamén nunha capa nova creada para o Plan de Ordenación do Litoral Galego denominada patrimonio industrial-militar-marítimo e nun último apartado os Bens de Interese Cultural ou BIC.

  • Delimitación das áreas incendiadas no territorio da C.A. de Galicia

  • Delimitación da Área continua de protección costeira do modelo territoial do POL (Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, DOG Núm.37 do 23/02/2011)

  • Ámbito dos Plans estruturantes de ordenación do solo empresarial aprobados na C.A. de Galicia ao abeiro da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.