service-view
Type of resources
Available actions
INSPIRE themes
Provided by
Years
Formats
status
Service types
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que permite a visualización de datos espaciais procedentes das capas do Planeamento Urbanístico dos territorios que comprenden o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia na súa versión de aprobación definitiva. O Plan de Ordenación do Litoral procurou, desde os postulados da ecoloxía da paisaxe, identificar e cartografar todos e cada un deses hábitats interrelacionados que representan a base espacial dos ecosistemas presentes neste ámbito.
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que amosa a cobertura de ortoimaxes correspondentes ó proxecto PNOA (Plan Nacional de Ortofotografía Aérea) do ano 2010 das provincias de A Coruña e Pontevedra.
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que permite visualizar información dos grandes espacios que teñen unha certa cohesión interior e que dividen paisaxísticamente Galicia e da subdivisión das grandes áreas paisaxísticas. O mapa das grandes áreas paisaxísticas de Galicia define unidades paisaxísticas homoxéneas nun territorio da complexidade do galego. A delimitación realizouse a partir da experiencia e a metodoloxía aplicadas no Plan do Litoral, e dun intenso traballo de campo.As áreas de paisaxe de Galicia delimitáronse en función da topografía, que permitiu distinguir con claridade espazos diferenciados como serras, chairas, vales e litoral; o clima, que fixo posible modular diferenzas entre espazos topográficamente semellantes; e o uso do chan, que facilitou unha maior diferenciación tanto en función do tipo do uso como do grao de ocupación.
-
Servizo Web de Mapas (WMS) no que publican as capas da Base Topográfica de Galicia 1:5000 realizada a partir de restitución fotogramétrica dos voos realizados entre os anos 1990 e 2000. Posteriormente actualizáronse as capas planimétricas utilizando ortofotografía do ano 2003. Esta base cartográfica recolle información sobre: - Altimetría - Hidrografía - Construccións e Edificacións - Vías de comunicación e infraestructuras - Parcelario aparente e coberturas forestais - Toponimia - Límites administrativos
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que amosa a cobertura de ortoimaxes correspondentes ó proxecto PNOA (Plan Nacional de Ortofotografía Aérea) do ano 2009 das provincias de Lugo e Ourense.
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que permite a visualización de datos espaciais procedentes da cartografía do modelo de xestión dos territorios que comprenden o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia na súa versión de aprobación definitiva. O Plan de Ordenación do Litoral procurou, desde os postulados da ecoloxía da paisaxe, identificar e cartografar todos e cada un deses hábitats interrelacionados que representan a base espacial dos ecosistemas presentes neste ámbito.
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que amosa o mosaico da ortofoto de última cobertura do PNOA para toda Galicia. Actualmente trátase da ortofoto do 2010 (A Coruña e Pontevedra) e do ortofoto do 2011 (Lugo e Ourense). O tamaño de píxel de estas ortofotos é de 25 centímetros.
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que amosa o mosaico da ortofoto elaborada no IET a partir do Voo Americano (Serie B) dos anos 1956 e 1957 para toda Galicia. Ten un tamaño de píxel de 1 metro e está en escala de grises.
-
Servizo Web de Mapas (WMS) no que publican as capas dos Espazos Naturais de Galicia: Rede Natura 2000, Rede Galega de Espazos Protexidos e outros espazos protexidos.
-
Servicio de visualización conforme o perfil WMS 1.3.0 que permite visualizar información da Rede de Transportes de Galicia. Contén a rede e as estacións de FFCC, a rede de estradas, os aeródormos e os Camiños de Santiago de Galicia.
Xeocatalogo